Adrián Pereiro
Luthier na Coruña
Obradoiro de instrumentos de corda frotada: violín, viola, violoncello e contrabaixo.
Comigo atoparás un asesoramento próximo e profesional, baseado na observación, a experiencia e o respecto polo oficio.

Adrián Pereiro
Son luthier especializado en instrumentos de corda fregada. O meu primeiro contacto coa luthería xurdiu a través da construción dunha zanfona, unha experiencia que marcou o inicio da miña vocación. Tras estudar Socioloxía, decidín formarme profesionalmente na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao, onde aprendín de recoñecidos mestres e ampliei a miña formación con cursos e estancias en España e Europa, incluíndo programas Erasmus en Chipre e Alemaña.
Ao longo dos anos traballei xunto a distintos profesionais do sector, consolidando a miña técnica e disciplina de obradoiro. Actualmente teño o meu propio obradoiro na Coruña, onde ofrezo a músicos de corda fregada un servizo próximo, rigoroso e comprometido coa calidade artesanal.
Servizos
Fabricación de instrumentos

Montaxe e axustes

Reparación e restauración

Encordado e reparación de arcos

O meu obxectivo
As inquedanzas dun músico co seu instrumento son moitas, son compañeiros de viaxe e de vida. Comigo atoparás o mellor asesoramento para o teu instrumento.
Básome nun bo análise, achegando un diagnóstico completo do instrumento e perseguindo unha mellora final que cumpra as esixencias do músico.
Queres saber máis?
Ponte en contacto comigo e recibe un orzamento sen compromiso e atopa a mellor solución para o teu arco ou instrumento
