Adrián Pereiro
Luthier
Obradoiro de instrumentos de corda frotada: violín, viola e violonchelo.

Adrián Pereiro
Son luthier especializado en instrumentos de corda frotada. O meu primeiro contacto coa luthería xurdiu a través da construción dunha zanfona, unha experiencia que marcou o inicio da miña vocación. Tras estudar Socioloxía, decidín formarme profesionalmente na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao, onde aprendín de recoñecidos mestres e ampliei a miña formación con cursos e estancias en España e Europa, incluíndo programas Erasmus en Chipre e Alemaña.
Ao longo dos anos traballei xunto a distintos profesionais do sector, consolidando a miña técnica e disciplina de obradoiro. Actualmente teño o meu propio obradoiro na Coruña, onde ofrezo a músicos de corda fregada un servizo próximo, rigoroso e comprometido coa calidade artesanal.
O meu obxectivo
As inquedanzas dun músico son moitas, son compañeiros de viaxe e de vida.
Básome nun bo análise, achegando un diagnóstico completo do teu instrumento.
Comigo atoparás o mellor asesoramento.
Queres saber máis?
Ponte en contacto comigo e recibe un orzamento sen compromiso e atopa a mellor solución para o teu arco ou instrumento




