Política de privacidade
Finalidade do tratamento dos datos e conservación
Os datos persoais facilitados polos nosos clientes, en diante “Usuario”, serán tratados por Adrián Pereiro conforme ás seguintes finalidades:
Levar a cabo a prestación dos servizos contratados, o mantemento da relación contractual e o seguimento da mesma.
Xestionar, tramitar e dar resposta a peticións, solicitudes, incidencias, queixas, reclamacións ou consultas do Usuario.
Xestionar o envío de comunicacións comerciais sobre produtos e servizos comercializados por Adrián Pereiro por medios electrónicos e/ou convencionais.
Tempo de tratamento dos datos persoais do usuario
Os datos do Usuario relacionados co cumprimento da relación contractual serán conservados con ese fin durante todo o tempo en que o contrato estea vixente e, mesmo despois, durante o tempo esixido pola lexislación aplicable e ata que prescriban as posibles responsabilidades derivadas do contrato. No relativo ao envío de comunicacións comerciais, Adrián Pereiro tratará os datos do Usuario ata que este se opoña.
Tratamento dos datos do usuario
Adrián Pereiro tratará as seguintes categorías de datos do Usuario:
- Datos identificativos: nome, apelidos, DNI.
- Datos de contacto: enderezo postal, enderezo de correo electrónico e teléfono.
No caso de que o Usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e comprométese a trasladarlles a información contida na Política de Privacidade, eximindo a Adrián Pereiro de calquera responsabilidade neste sentido. Non obstante, Adrián Pereiro poderá levar a cabo verificacións periódicas para constatar este feito, adoptando as medidas de dilixencia debida que correspondan, conforme á normativa de protección de datos.
Lexitimación para o tratamento dos datos
O tratamento dos datos do Usuario por parte de Adrián Pereiro para o envío de comunicacións comerciais e para a elaboración de perfís está baseado no interese lexítimo de Adrián Pereiro de conformidade co establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016.
Destinatarios dos seus datos
Os seus datos non se facilitarán a ningunha outra empresa fóra de CLIENTE salvo a requirimento das Administracións Públicas nos casos previstos pola Lei.
Comunicacións comerciais e promocionais
Unha das finalidades para as que Adrián Pereiro trata os datos persoais proporcionados polos Usuarios é para remitirlles comunicacións comerciais por medios electrónicos e convencionais, con información relativa a produtos, servizos, promocións, ofertas, eventos ou noticias relevantes para os Usuarios. Sempre que se realice algunha comunicación deste tipo, será dirixida única e exclusivamente a aqueles Usuarios que non manifestasen previamente a súa negativa á recepción das mesmas.
No caso de que o Usuario desexe deixar de recibir comunicacións comerciais ou promocionais por parte de Adrián Pereiro pode solicitar a baixa do servizo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@luthierpereiro.com
Cales son os seus dereitos?
O Usuario pode enviar un escrito a Adrián Pereiro, Rúa Antonio Ríos 74, Baixo 2 15009, A Coruña, ou un correo electrónico a info@luthierpereiro.com coa Referencia “Protección de Datos”, achegando fotocopia do seu documento de identidade, en calquera momento e de maneira gratuíta, para:
- Revogar os consentimentos outorgados.
- Obter confirmación acerca de se en Adrián Pereiro se están tratando datos persoais que lle concirnen ao Usuario ou non.
- Acceder aos seus datos persoais.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
- Obter de Adrián Pereiro a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
- Solicitar a portabilidade dos seus datos.
- Reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través do seguinte enderezo https: //www.agpd.es, cando o interesado considere que Adrián Pereiro vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos.
Medidas de seguridade
Adrián Pereiro tratará os datos do Usuario en todo momento de forma absolutamente confidencial e gardando o deber de segredo, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos.
Cambios
Adrián Pereiro resérvase o dereito de revisar a súa Política de Privacidade en calquera momento. Recoméndase revisala periodicamente.
