Como traballo?
No meu obradoiro atoparás un asesoramento próximo e profesional, baseado na observación, a experiencia e o respecto polo oficio.
Un dos maiores retos para min na luthería actual é ofrecer novas propostas na utilización de madeira local. Desde hai uns anos, a problemática do abastecemento de madeira e o seu encarecemento fai que moitos luthiers e arqueiros de diferentes lugares do mundo estean a analizar que posibilidades físico-acústicas nos proporcionan outras madeiras.
Actualmente estou a traballar con novas propostas na construción de violonchelos. Por iso, ademais de ofrecer unha liña de instrumentos feitos con madeiras utilizadas nos modelos clásicos (abeto, arce, ébano, entre outras), traballo con novos modelos compostos entre un 20-30 % de madeira local en modelos clásicos.

