Servizos de luthería

Servizos

Ofrezo servizos para instrumentos de corda fregada: construción, restauración, mantemento e asesoramento personalizado.

Fabricación de instrumentos de corda frotada

Actualmente estou centrado na construción de violonchelos. Traballo baseándome en dous modelos históricos e nun modelo propio.

Emprego técnicas de traballo que van da man coa análise acústica para obter instrumentos da máis alta calidade.

Reparación e restauración

Realizo unha diagnose completa do estado no que se atopa o teu instrumento para avaliar as súas necesidades.

Reparo e restauro empregando técnicas que respectan ao máximo o estado e as características orixinais do instrumento.

Montaxe e axustes

Unha montaxe axeitada non só mellora o timbre do instrumento, senón que tamén contribúe moi positivamente á súa saúde. O seu coidado e revisión periódica determinarán non só un aforro en custos de reparación, senón tamén a integridade estrutural do instrumento.

Encordado e reparación de arcos

Realizo cambios de crin con pelo natural, axustando as necesidades técnicas de cada músico

Levo a cabo reparacións en vara, noz e cabeza, ofrecendo unua resposta ótima e equilibrada para o teu arco.

Tamén dispoño de venta de arcos feitos a man por L’Archet Brasil que podes probar no meu obradoiro sen compromiso,